24/2/17

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano  dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o Día de Rosalía propúxose decorar a entrada do colexio con murais sobre Rosalía de Castro. Por outra banda, os nenos e nenas de todos os cursos decoraron as letras dun poema de Rosalía a xeito de cenefa por riba do pasamáns.


Dende a biblioteca tamén quixemos colaborar realizando unha pequena exposición cos libros de Rosalía.


18/2/17

ENTROIDO 2017

  O vindeiro venres, día 24, celebramos o ENTROIDO en Abelendo.

Este ano, como estamos traballando nun proxecto que como sabedes titulamos "Emociónate con xeito" imos ir de EMOTICONOS.

Convidamos a todas as familias a que nos acompañen levando o seu disfraz de emoticono.

Se o tempo o permite subiremos a San Martiño en pasarrrúas; queremos cubrir Abelendo de ruído e alegría.

Agradecemos tamén dende aquí a colaboración das familias que como todos os anos, nos fan chegar lambetadas de entroido coas que damos un toque gastronómico a un día tan especial.
Para ir quentando motores Dino comeza coas súas ordes:





 O VENRES DE EMOTICONOS 
 todos imos vir
 enfadados, ledos, namorados....
 o voso queremos descubrir.

29/1/17

Palabras fermosas, divertidas,máxicas e marabillosas para un mundo de PAZ

Para conmemorar o Día da Paz, Dino propuxo a todo o alumnado do cole a lectura do conto "La coleccionista de palabras" na que a protagonista Luna é unha apaixonada das palabras. Gústanlle a súa luz e ri coas súas cóxegas. Pero un día dáse conta que pouco a pouco as palabras fermosas, magníficas e divertidas están desaparecendo do mundo, entón decide poñerse mans a obra. 
Con esta lectura, Dino invitounos a un poético conto sobre a maxia da palabra e sobre o poder que ten cando é positiva.
Para facer posible esta actividade , Dino traballou arreo e preparou dúas maletas que contiñan cadanseu conto e moitos corazón de cores.

Unha vez lido o conto e feitas as reflexións cada neno e nena decorou un corazón cunha palabra máxica, divertida, marabillosa e bonita, desas que son  imprescindibles para un mundo cheo de PAZ.

Por último, adornados con todos os corazóns o armazon do maio.

20/12/16

"XAMÁIS UN RÍO DIFERENTE"



Hoxe tivemos a sorte de ter con nós a Rosario Vázquez Cermeño coñecida por moitos de nós como a profe Charo,e a Luis Pérez Rivas que tamén foi mestre e xefe de estudos neste centro.
O motivo da súa visita foi a de compartir con todos nós a presentación da incursión de Charo no eido da literatura, coa publicación do seu libro: “XAMAIS UN RÍO DIFERENTE”, onde podemos observar a súa faceta como CREADORA DE SOÑOS, EMOCIÓNS E HISTORIAS.


Charo contounos a historía do seu libro mentres Luis fixo de mestre de cerimonias, facendo a ledicia dos asistentes amenizando a presentación coa dramatización da vida do río Xamáis.

Os alumnos e alumnas estaban entusiasmados participando en todo momento na presentación do libro.


Gozamos dunha mañá literaria chea de preguntas e sorpresas.



MOITAS GRAZAS CHARO E LUIS. VOLVEDE CANDO QUEIRADES!!!!

14/12/16

A urna dos desexos

Con motivo da chegada do Nadal, Dino síntese moi alegre e propuxo aos nenos e nenas do cole que escribiran  os seus desexos  para estas datas e para o vindeiro ano. Pero non calquera tipo de desexos senón aqueles que non veñen envoltos en papel de regalo, é dicir, desexos que non se poden mercar. Despois de escribilos nuns papeliños de cores, metéronos nunha caixiña ao lado da porta da biblioteca.                                                 

 

20/11/16

Día dos Dereitos dos Nenas e as Nenas 2016

Para conmemorar o Día dos Dereitos dos nosos nenos e nenas deixamos este video do texto que se leu este ano en moitos campos de fútbol galegos. Pincha na imaxe para poder velo.