Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2008

A viaxe das palabras

Imagen
Para celebrar o Mes das Bibliotecas Escolares os nenos e nenas do 2º e 3º Ciclo participaron nesta última semana de outubro,nun taller de contos conducido por " A Tropa de Trapo ", en sesións de hora e media,organizado conxuntamente pola Biblioteca e o Departamento de Normalización e Dinamización Lingüistica do centro. Trátase de achegar a narración oral ao alumnado potenciando a imaxinación e traballando as habiblidades narrativas e escénicas.E deste xeito que os rapaces e rapazas disfruten escoitando, inventando ou "botando" un conto. Todo empezou cando chegaron o noso cole dous magos dos contos:Brais e Marta. O novelo de lá axúdanos a construir un conto entre todos. Ese día todos fomos actores e espectadores. Brais revelando os seus segredos.