Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2008

Guía de Nadal 2008

Imagen
Nesto tempo de Nadal, época chea de ilusións para todos e todas, paga a pena aproveitar a ocasión para incluir un libro, entre os agasallos que todos e todas esperamos recibir. Guía de Nadal 2008

Xogando e aprendendo

Imagen
Os nenos e nenas de E.Infantil e 1º Ciclo de E.Primaria asistiron neste mes de decembro a unha sesión de Formación de Usuarios na biblioteca. Xogaron con Dino e cos seus amigos, que son as mascotas de bibliotecas amigas de Cangas e Moaña. Estas son as fotos.

Contacontos en Abelendo

Imagen
Bos días a todos e a todas foi o saúdo de Diego,un alumno de tres anos cando entraba á biblioteca acompañado de todos os nenos e nenas de E.Infantil para escoitar os contos que alumnos e alumnas de 1º de ESO do IES "A Paralaia" viñeron contarnos. Foron dúas sesións ;unha para 1ºCiclo e outra para E.Infantil . Todos estivemos moi atentos e entusiasmados coa visita que esperamos que se repita pronto. Queredes ver as fotos?

CONTOS CONTOS CONTOS

Imagen
Patín, Patín... Chibos e Chibóns foi o conto elixido por MIGUEL para contarlle aos seus compañeiros e compañeiras o outro día na biblioteca. Patán, Patán... Os nenos de 3, 4 e 5 anos escoitaron moi atentos o conto elixido por MIGUEL. Patón, Patón... Dino tamén o escoitou entusiasmado e espera impaciente que os nenos e nenas volvan contar outro conto.