Entradas

Mostrando entradas de 2009

Xogando con Dino

Imagen
Anímate a xogar con Dino e os seus amigos. Se fas todos os xogos descubrirás aos protagonistas dalgúns contos clásicos. Fai clic na imaxe de Dino para comezar.

A maxia da nosa biblioteca

Fermosa lección

A ORIXE DA FREGRESÍA DE MOAÑA

Imagen
Neste mes de novembro, os nenos e nenas de E. Primaria fomos visitar unha exposición sobre a orixe da fregresía de Moaña, situada na reitoral de San Martiño, que foi elaborada co material recopilado por un veciño da zona, Manuel Uxío. A visita resultou moi interesante e todos e todas aprendemos moito,como..... "Os nosos ancentros vivían en castros e coa chegada dos romanos baixaron aos vales como o Val do Mar e o Val da Ameixoada" "Os monxes tiñan moitas terras, e o que hoxe é Moaña dependía do mosteiro de Érmelo". "Hoxe en día conservanse restos dos camiños que antes usaban para comunicar Hermelo con Moaña" "A igrexa de San Martiño construiuse para unificar as aldeas que cada vez ían medrando máis, Val do mar, Val da Ameixoada, Cruceiro, Abelendo e Casal" "Chamouse Moaña porque se construiu nunha zona de moitas moas" "O primeiro documento no que aparece o nome de Moania data do século XIII." "As inscripcións nas pedras a

"CHEGARON A MOAÑA AS LECTURAS DE IDA E VOLTA"

Este curso imos participar no programa "Lecturas de ida y vuelta", organizado pola fundación Sánchez Ruiperez, en cordinación cos colexios de Reibón e de Quintela. Xa está en Quintela a colección "¿Qué te cuentas? En Reibón xa disfrutan da colección "De aquí y de allí" En Abelendo contamos coa colección "Para saber más y más"; unha selección de libros de coñecementos de gran variedade temática, dirixida ao 2º Ciclo que estará con nós ata o 18 de xaneiro que viaxará a Reibón. Son: Obras de consulta que nos permitirán adquirir un coñecemento básico sobre calquera tema. Títulos que nos propoñen a realización de actividades atractivas e creativas como medio para acceder ao coñecemento. Libros que nos facilitarán información completa sobre temas acordes cos intereses propios destas idades. Libros que plantean a consulta informativa como un xogo e incitan á participación activa dos lectores.

ÉRASE UNHA VEZ

Imagen
O pasado venres, os nenos e nenas do 3ºCiclo e dous atrevidos contacontos, abriron as portas do castelo para agasallarnos coas súas dotes artísticas. Tivéronnos a todos, dende o máis grande ao máis pequeno, pendentes de cada un dos seus movementos. Noraboa! Esperamos que esto non quede aquí e poidamos seguir disfrutando destes momentos que fan da biblioteca un espazo vivo para compartir. Entra na biblioteca para ver as fotos.

XOGO DE CASTELOS

Imagen
castelos

LETRAS GALEGAS 2009

Imagen
Os gañadores e gañadoras do concurso de debuxo para a elaboración do cartaz, anunciador do XVICross das Letras Galegas, recibiron de mans de Xosé Manuel Budiño un merecido agasallo. Dende aquí queremos darlle as grazas ao autor de "Paralaia" por compartir con nós a súa música e respostar pacientemente a vinte nove xornalistas cheos de curiosidade e profesionalidade.

LIBROS AO PATIO

Imagen
E O Día do Libro na hora de ler: ¡Libros ao patio!!!.

DEBUXANDO MONSTROS CON ANXO FARIÑA

Imagen
O pasado dia 21 de abril ,dentro das actividades organizadas dende a biblioteca para celebrar o Día Internacional do Libro, visitounos Anxo Fariña. Estivemos superatentos a todo o que nos contou e seguimos ,sen pestanexar,os seus trazos no papel. Falounos dos seus libros. -Debuxounos a súa imaxinación -Xuntos inventamos a historia do lápiz que se levaba fatal coa goma e co afila regular porque ás veces lle daba punta para poder seguir escribindo e outras o facía máis pequeno. -Vímolo transformar a Yoel e a Angela nuns monstros moi peculiares. -Contestou todas as preguntas que lle fixemos. -Recibiu o agasallo que os nenos e nenas de 4º lle tiñan preparado.

CONTACONTOS IES "A PARALAIA"

Imagen

MEDRANDO COS CONTOS DO IES "A PARALAIA"

Imagen
Nesta semana na que se celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil trinta e oito nenos e nenas de 2º de ESO de IES "A Paralaia" enchéronnos a biblioteca de contos. Disfrutamos todos e todas dunha mañá moi especial na que estivemos enfrente de verdadeiros profesionais que deron todo para facernos pasar uns momentos cheos de maxia. Esta experiencia que se está convertindo en todo un clásico, esperámola con impaciencia cada ano. Grazas polo voso entusiasmo, rapaces e rapazas e .... ata o ano que vén!

CONTAMOS CONTOS CLÁSICOS

Imagen

VIAXE POLOS INVENTOS

Imagen
O noso tren dos inventos xa está en marcha. Será unha viaxe polo tempo na que coñeceremos aqueles inventos que supuxeron un avance fundamental para a humanidade. Achegarémonos a diferentes aspectos da vida e da obra de inventores como Alfred Nobel, Juan de la Cierva, Marconi.... Consultamos xa moitos libros da nosa biblioteca , entramos en internet...Temos moita información para compartir cos nosos compañeiros e compañeiras o resultado do noso traballo.

VIAXEIROS AO TREN!

Imagen
Dende aquí viaxamos polos contos do mundo. A volta ao mundo en 80 contos acompáñanos no percorrido. A través dos contos tradicionais abrensenos as portas para coñecer moitos países. A súa xeografía. A súa cultura. A súa gastronomía. As súas paisaxes. Os seus animais. Os seus costumes. Os seus habitantes. E ademais .... Percorrendo todo o mundo animámonos a contar e compartir calquera tipo de contos .

VIAXEIROS AO TREN!

Imagen
O Tren das Viaxes está en marcha. Dende aquí saíremos para viaxar polo mar. Nadarín , O Mar na cociña , El pez Arcoiris farán máis doado o percorrido. Coñeceremos moitos peixes. Aprenderemos algunhas profesións. Investigaremos sobre os barcos. Exploraremos as profundidades mariñas. Disfrutaremos de moitos contos.

BIBLIOTECA VIVA

Imagen
Dino ten unha sorpresiña para vós: