Entradas

Mostrando entradas de abril, 2009

LIBROS AO PATIO

Imagen
E O Día do Libro na hora de ler: ¡Libros ao patio!!!.

DEBUXANDO MONSTROS CON ANXO FARIÑA

Imagen
O pasado dia 21 de abril ,dentro das actividades organizadas dende a biblioteca para celebrar o Día Internacional do Libro, visitounos Anxo Fariña. Estivemos superatentos a todo o que nos contou e seguimos ,sen pestanexar,os seus trazos no papel. Falounos dos seus libros. -Debuxounos a súa imaxinación -Xuntos inventamos a historia do lápiz que se levaba fatal coa goma e co afila regular porque ás veces lle daba punta para poder seguir escribindo e outras o facía máis pequeno. -Vímolo transformar a Yoel e a Angela nuns monstros moi peculiares. -Contestou todas as preguntas que lle fixemos. -Recibiu o agasallo que os nenos e nenas de 4º lle tiñan preparado.

CONTACONTOS IES "A PARALAIA"

Imagen

MEDRANDO COS CONTOS DO IES "A PARALAIA"

Imagen
Nesta semana na que se celebra o Día do Libro Infantil e Xuvenil trinta e oito nenos e nenas de 2º de ESO de IES "A Paralaia" enchéronnos a biblioteca de contos. Disfrutamos todos e todas dunha mañá moi especial na que estivemos enfrente de verdadeiros profesionais que deron todo para facernos pasar uns momentos cheos de maxia. Esta experiencia que se está convertindo en todo un clásico, esperámola con impaciencia cada ano. Grazas polo voso entusiasmo, rapaces e rapazas e .... ata o ano que vén!