Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2009

Fermosa lección

A ORIXE DA FREGRESÍA DE MOAÑA

Imagen
Neste mes de novembro, os nenos e nenas de E. Primaria fomos visitar unha exposición sobre a orixe da fregresía de Moaña, situada na reitoral de San Martiño, que foi elaborada co material recopilado por un veciño da zona, Manuel Uxío. A visita resultou moi interesante e todos e todas aprendemos moito,como..... "Os nosos ancentros vivían en castros e coa chegada dos romanos baixaron aos vales como o Val do Mar e o Val da Ameixoada" "Os monxes tiñan moitas terras, e o que hoxe é Moaña dependía do mosteiro de Érmelo". "Hoxe en día conservanse restos dos camiños que antes usaban para comunicar Hermelo con Moaña" "A igrexa de San Martiño construiuse para unificar as aldeas que cada vez ían medrando máis, Val do mar, Val da Ameixoada, Cruceiro, Abelendo e Casal" "Chamouse Moaña porque se construiu nunha zona de moitas moas" "O primeiro documento no que aparece o nome de Moania data do século XIII." "As inscripcións nas pedras a

"CHEGARON A MOAÑA AS LECTURAS DE IDA E VOLTA"

Este curso imos participar no programa "Lecturas de ida y vuelta", organizado pola fundación Sánchez Ruiperez, en cordinación cos colexios de Reibón e de Quintela. Xa está en Quintela a colección "¿Qué te cuentas? En Reibón xa disfrutan da colección "De aquí y de allí" En Abelendo contamos coa colección "Para saber más y más"; unha selección de libros de coñecementos de gran variedade temática, dirixida ao 2º Ciclo que estará con nós ata o 18 de xaneiro que viaxará a Reibón. Son: Obras de consulta que nos permitirán adquirir un coñecemento básico sobre calquera tema. Títulos que nos propoñen a realización de actividades atractivas e creativas como medio para acceder ao coñecemento. Libros que nos facilitarán información completa sobre temas acordes cos intereses propios destas idades. Libros que plantean a consulta informativa como un xogo e incitan á participación activa dos lectores.

ÉRASE UNHA VEZ

Imagen
O pasado venres, os nenos e nenas do 3ºCiclo e dous atrevidos contacontos, abriron as portas do castelo para agasallarnos coas súas dotes artísticas. Tivéronnos a todos, dende o máis grande ao máis pequeno, pendentes de cada un dos seus movementos. Noraboa! Esperamos que esto non quede aquí e poidamos seguir disfrutando destes momentos que fan da biblioteca un espazo vivo para compartir. Entra na biblioteca para ver as fotos.