Entradas

Mostrando entradas de 2011

Bo Nadal

Imagen
POSTAIS EN FAMILIA 2011 Nestes tempos de contas, fagamos unha moi boa: Paz + Amor + Amizade = ¡¡¡Navidade!!! Composición plástica: Darío (4 anos) Lema: Sofía (2º curso)

Actividade na biblioteca

Imagen

Sexta edición de "Postais en Familia"

Imagen
As "Postais en familia" xa chegaron ao cole. Así quedou a exposición no corredor. Dende aquí queremos agradecer a colaboración estusiasta de todas as familias, principais protagonistas desta actividade.

Música na biblioteca

Imagen
Foi unha sorpresa inesperada recibir a visita do director da Escola de Música na biblioteca do nosa cole: unha sorpresa moi musical coa trompa como protagonista. Con este instrumento de vento-metal , David Santiago, tocou algunhas cancións como a canción do mundial de fútbol, o himno á alegría, a canción de Bob Esponja, a pantera rosa, que os nenos e nenas recoñecemos axiña. Escoitamos melodías preciosas e tamén, aprendimos: a orixe deste instrumento, como foi cambiando ao cabo do tempo, as súas partes, os diferentes tipos de sons que se facían antigamente,... Como remate, despois da rolda de preguntas David interpretou a canción dos piratas do Caribe con acompañamento electrónico. Pasámolo xenial . Grazas David por esta visita tan musical.

Cumpleanos feliz

Imagen
Neste mes de outubro que deixamos atrás, o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, o noso Dino estivo de aniversario. Cumpriu 10 anos. Fixémoslle unha festa de medo, coincidindo co Samaín. Entre todos adormamos a biblioteca. Debuxamos cabazas, bruxas, vampiros, momias, pantasmas,... Agasallámoslle compartindo con el : Unha hora de ler de medo. Contando contos de medo para medianos e pequenos. Vendo "Corre, corre, cabaciña ",... E, como vedes, Dino sorprendeunos a todos disfrazándose así de resultón,para recibir a todos os seus convidados.
Imagen
Dende o bibliocastelo do colexio da Pedra de Bueu cheganos estes recursos para disfrutar dun Samaín de conxuros e bruxas.

A nosa biblioteca ponse en marcha

Imagen
En outubro: Comezan os préstamos. Dende o primeiro día o equipo de colaboradoras da biblio realiza esta función con entusiasmo e decicación. Chegan as novidades. Os máis novos teñen preparados os seus marcaespazos para ler os primeiros libros deste curso no seu espazo. Recordamos as normas xogando ao semáforo. As mochilas viaxeiras saen cargadas de ilusións e bos libros. Na súa hora da biblioteca, todos os nenos e nenas ,acompañados dos seus titores, realizan as actividades previstas: os contacontos, as composicións para compartir, as pequenas investigacións... E para celebrar o Samaín, na biblioteca agárdannos contos de vampiros, monstros, bruxas, pantasmas, pesadelos,....nun ambiente moi especial.

Benvida ao cole, un ano máis!

Imagen
Para darvos a benvida ao cole, no comezo do novo curso, as vosas profes andiveron moi atarefadas ordeando e pintando as aulas. A biblioteca tamén necesitou unha posta a punto xa que no verán cambiaron os falsos teitos e, cando chegamos, estaba patas arriba. Xa está preparada para a vosa chegada! Teño moitas ganas de vervos por aquí, escollendo os libros que levaredes para ler nas vosas casas e nas vosas aulas. Ler é toda unha aventura que nos permitirá aprener e disfrutar moito xuntos. Como sei que debecedes por investigar, este ano invítovos a descubrir " A Terra, un planeta de auga". Gustaríame recordarlle aos nenos e nenas do 2º e 3º ciclo que o luns, día 3 de outubro,comezan os préstamos no recreo. Os equipos de axudantes da biblioteca xa están preparados. As nenas de4º,5ºe 6º encárganse e de levar á aula os libros que vós ,antes do recreo ,escolledes e colocan na estantería os que, despois de ler, devolvedes. Estes préstamos quedan rexistrados no Meiga. Esquecía decirvo

Creando lazos

Imagen
Escollemos este mes de abril para iniciar esta actividade que chamamos apadriñamento lector, pola relación que teñen estas datas coa lectura,coma unha homenaxe aos libros.Creando lazos dende o afecto e o gusto pola lectura nun espazo diferente á aula.

Día Internacional do libro

Imagen
Para recordar que o día 23 de abril celebramos o Día do Libro gustaríanos compartir con vós, as reflexións de Victor Freixanes ó abeiro desta data. Foron escritas na súa columna da Voz ,"Vento nas velas". O seu título é Memoria dos libros.

Contacontos fabulosos

Imagen
Imagen
Os nenos e nenas do IES "A Paralaia" estarán con nós, o venres , 8 de abril, para celebrar, contando contos, o Día do Libro Infantil e Xuvenil Agardámolos impacientes

Nós, fomos á tele

Imagen
A finais de xaneiro a profe Montse díxonos que íamos participar nun concurso de V televisión, chamado Xiz. Uns días despois, xuntámonos 5º e 6º para falar sobre o concurso. Xesús e máis eu íamos de titulares e Lucía e Marco de suplentes.Despois vimos todas as probas e os puntos destas, mentras a profe Elisa poñía exemplos no encerado. Por fin chegou o día. Fomos nun autobús ao plató que estaba nas aforas de Vigo.De camiño recollimos ao colexio de Mosteiro, a noso cole rival. Acompañáronnos os pais dos titulares e dos suplentes. Xiz Gustoume moito a experiencia de ir gravar xiz e ver como é a tele por dentro. Cando chegamos, leváronnos ( aos concursantes) á perruquería. Mentras Marta e máis eu nos peiteabamos, Xesús e mais Guebre vían os Simpsons pola tele. Xa peiteados e listos nos puxeron os micrófonos. Eu creo que Xesús estaba super contento, pois non paraba de facer bromas cos micros. Máis tarde, na sala de espera, Antón explicounos un pouco como ía ser e nos recomendaba que estivér

Os contadores de historias

Imagen
Compartindo cos nenos e nenas de Educación Infantil os contos que preparamos este trimestre con Charo Pita , rematan as sesións deste obradoiro que nos tivo tan entusiasmados e no que, ademáis de vivenciar a diferencia entre ler e contar: Escoitamos contos como "A mazaroca de millo" e "O vendedor de gorras". Pronunciamos, divertidísimos, os tiralinguas tan orixinais cos que Charo nos sorprendía. Aprendimos a saborear as palabras, a enchelas co seu significado, a encollelas, a estiralas... Imitamos a Demóstenes, lendo cun lápiz entre os dentes, a falta de pedras. Coñecimos o valor dos obxectos, a importancia dos xestos, das voces nos contos. Animámonos a invitar aos que nos escoitan a participar con nós dos contos que contamos. Escoitamos o silencio, sorrimos, miramos e comenzamos: Érase unha vez... E, como non, disfrutamos moito dos xogos de expresión corporal, dos exercicios de respiración, do quencemento tan completo que faciamos ao comenzo de cada sesión.

Comenza o Entroido

Imagen
O entroido en Abelendo comenza coas Ordes de Dino. Cada día desta semana imos a empezar a disfrazarnos según el nos diga. Hoxe tivemos que traer unha perruca. Maña viremos en pixama pero sen esquecerse da perruca. Que se lle ocurrirá a Dino para o mércores?

Charo Pita en Abelendo

Imagen
Este ano, dentro das actividades que organiza a biblioteca, temos a sorte de contar co presenza de Charo Pita, escritora, atriz, cantante... en definitiva unha grande artista. Ela será a condutora dun obradoiro de narración oral no que aprenderemos a diferenza entre ler e contar; faremos xogos de desinhibición, practicaremos a lectura en voz alta ... Estamos moi contentos de poder contar cunha artista tan polifacética, e con seguridade, a súa visita ao noso cole deixará unha pegada moi fonda e difícil de esquecer.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Imagen
Dende aquí queremos felicitar a todas as familias que nos agasallan coas súas experiencias cada semana. Compartimos con vós algunhas das súas aportacións. Isto é un resumo do que lle pareceu aos meus familiares: Silvia. Unha interesante, divertida e amena novela policiaca que transcorre nos arredores da cidade de Vigo. Mostra o xeito de vivir das súas xentes e os seus costumes. O seu protagonista é un inspector de policía local que trata de solucionar o enigma dun mariñeiro que aparece morto na praia. Ana. A revista que me tocou gustoume moito xa que os cans son os meus animais preferidos. Pura . As prantas aromáticas chegaron a España dende América . Mari. Os contos do mundo foi moi doado de ler. Claudia.(4º curso).

Preguntando sobre Arte

Ás nosas familias a palabra Arte lle suxire... Arte é sentimento . Arte é expresión . Arte é creación. Arte é ler un libro e crer que ti es Peter Pan. Arte é erguerse sobre as puntas dos pés e bailar case voando. Arte é pintar nunha folla un sol de cor negra porque un se sinte triste. Arte é conseguir combinar as notas dun piano e crear unha fermosa melodía. Arte é unha forma de soñar. Es algo que nosotros admiramos y que tiene un valor especial. A arte é unha forma de expresar beleza e harmonía. É a expresión dos sentimentos humanos e pode ter moitas formas. Familias do 1º ciclo Arte é unha forma de soñar.

Os ecosistemas

Imagen
Pon a proba os teus coñecementos sobre os ecosistemas con esta actividade Lim que nos chega dende o Ceip Frian- Teis.

Carta de Dino

Imagen
Unha mensaxe para degustar e saborear en familia. Unha mensaxe para este Nadal: "Ler é xenial". Educación Infantil Primeiro Ciclo Segundo Ciclo Terceiro Ciclo