Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2011

Comenza o Entroido

Imagen
O entroido en Abelendo comenza coas Ordes de Dino. Cada día desta semana imos a empezar a disfrazarnos según el nos diga. Hoxe tivemos que traer unha perruca. Maña viremos en pixama pero sen esquecerse da perruca. Que se lle ocurrirá a Dino para o mércores?

Charo Pita en Abelendo

Imagen
Este ano, dentro das actividades que organiza a biblioteca, temos a sorte de contar co presenza de Charo Pita, escritora, atriz, cantante... en definitiva unha grande artista. Ela será a condutora dun obradoiro de narración oral no que aprenderemos a diferenza entre ler e contar; faremos xogos de desinhibición, practicaremos a lectura en voz alta ... Estamos moi contentos de poder contar cunha artista tan polifacética, e con seguridade, a súa visita ao noso cole deixará unha pegada moi fonda e difícil de esquecer.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Imagen
Dende aquí queremos felicitar a todas as familias que nos agasallan coas súas experiencias cada semana. Compartimos con vós algunhas das súas aportacións. Isto é un resumo do que lle pareceu aos meus familiares: Silvia. Unha interesante, divertida e amena novela policiaca que transcorre nos arredores da cidade de Vigo. Mostra o xeito de vivir das súas xentes e os seus costumes. O seu protagonista é un inspector de policía local que trata de solucionar o enigma dun mariñeiro que aparece morto na praia. Ana. A revista que me tocou gustoume moito xa que os cans son os meus animais preferidos. Pura . As prantas aromáticas chegaron a España dende América . Mari. Os contos do mundo foi moi doado de ler. Claudia.(4º curso).