Entradas

Mostrando entradas de abril, 2011

Día Internacional do libro

Imagen
Para recordar que o día 23 de abril celebramos o Día do Libro gustaríanos compartir con vós, as reflexións de Victor Freixanes ó abeiro desta data. Foron escritas na súa columna da Voz ,"Vento nas velas". O seu título é Memoria dos libros.

Contacontos fabulosos

Imagen
Imagen
Os nenos e nenas do IES "A Paralaia" estarán con nós, o venres , 8 de abril, para celebrar, contando contos, o Día do Libro Infantil e Xuvenil Agardámolos impacientes

Nós, fomos á tele

Imagen
A finais de xaneiro a profe Montse díxonos que íamos participar nun concurso de V televisión, chamado Xiz. Uns días despois, xuntámonos 5º e 6º para falar sobre o concurso. Xesús e máis eu íamos de titulares e Lucía e Marco de suplentes.Despois vimos todas as probas e os puntos destas, mentras a profe Elisa poñía exemplos no encerado. Por fin chegou o día. Fomos nun autobús ao plató que estaba nas aforas de Vigo.De camiño recollimos ao colexio de Mosteiro, a noso cole rival. Acompañáronnos os pais dos titulares e dos suplentes. Xiz Gustoume moito a experiencia de ir gravar xiz e ver como é a tele por dentro. Cando chegamos, leváronnos ( aos concursantes) á perruquería. Mentras Marta e máis eu nos peiteabamos, Xesús e mais Guebre vían os Simpsons pola tele. Xa peiteados e listos nos puxeron os micrófonos. Eu creo que Xesús estaba super contento, pois non paraba de facer bromas cos micros. Máis tarde, na sala de espera, Antón explicounos un pouco como ía ser e nos recomendaba que estivér