Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2011

Música na biblioteca

Imagen
Foi unha sorpresa inesperada recibir a visita do director da Escola de Música na biblioteca do nosa cole: unha sorpresa moi musical coa trompa como protagonista. Con este instrumento de vento-metal , David Santiago, tocou algunhas cancións como a canción do mundial de fútbol, o himno á alegría, a canción de Bob Esponja, a pantera rosa, que os nenos e nenas recoñecemos axiña. Escoitamos melodías preciosas e tamén, aprendimos: a orixe deste instrumento, como foi cambiando ao cabo do tempo, as súas partes, os diferentes tipos de sons que se facían antigamente,... Como remate, despois da rolda de preguntas David interpretou a canción dos piratas do Caribe con acompañamento electrónico. Pasámolo xenial . Grazas David por esta visita tan musical.

Cumpleanos feliz

Imagen
Neste mes de outubro que deixamos atrás, o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, o noso Dino estivo de aniversario. Cumpriu 10 anos. Fixémoslle unha festa de medo, coincidindo co Samaín. Entre todos adormamos a biblioteca. Debuxamos cabazas, bruxas, vampiros, momias, pantasmas,... Agasallámoslle compartindo con el : Unha hora de ler de medo. Contando contos de medo para medianos e pequenos. Vendo "Corre, corre, cabaciña ",... E, como vedes, Dino sorprendeunos a todos disfrazándose así de resultón,para recibir a todos os seus convidados.