Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2011
Imagen
Dende o bibliocastelo do colexio da Pedra de Bueu cheganos estes recursos para disfrutar dun Samaín de conxuros e bruxas.

A nosa biblioteca ponse en marcha

Imagen
En outubro: Comezan os préstamos. Dende o primeiro día o equipo de colaboradoras da biblio realiza esta función con entusiasmo e decicación. Chegan as novidades. Os máis novos teñen preparados os seus marcaespazos para ler os primeiros libros deste curso no seu espazo. Recordamos as normas xogando ao semáforo. As mochilas viaxeiras saen cargadas de ilusións e bos libros. Na súa hora da biblioteca, todos os nenos e nenas ,acompañados dos seus titores, realizan as actividades previstas: os contacontos, as composicións para compartir, as pequenas investigacións... E para celebrar o Samaín, na biblioteca agárdannos contos de vampiros, monstros, bruxas, pantasmas, pesadelos,....nun ambiente moi especial.

Benvida ao cole, un ano máis!

Imagen
Para darvos a benvida ao cole, no comezo do novo curso, as vosas profes andiveron moi atarefadas ordeando e pintando as aulas. A biblioteca tamén necesitou unha posta a punto xa que no verán cambiaron os falsos teitos e, cando chegamos, estaba patas arriba. Xa está preparada para a vosa chegada! Teño moitas ganas de vervos por aquí, escollendo os libros que levaredes para ler nas vosas casas e nas vosas aulas. Ler é toda unha aventura que nos permitirá aprener e disfrutar moito xuntos. Como sei que debecedes por investigar, este ano invítovos a descubrir " A Terra, un planeta de auga". Gustaríame recordarlle aos nenos e nenas do 2º e 3º ciclo que o luns, día 3 de outubro,comezan os préstamos no recreo. Os equipos de axudantes da biblioteca xa están preparados. As nenas de4º,5ºe 6º encárganse e de levar á aula os libros que vós ,antes do recreo ,escolledes e colocan na estantería os que, despois de ler, devolvedes. Estes préstamos quedan rexistrados no Meiga. Esquecía decirvo