Entradas

Mostrando entradas de 2012

Bo Nadal

Imagen
Todos os nenos e nenas da aula de relixión fixeron este belén tan orixinal con personaxes de cómic xa que a Banda Deseñada é o noso proxecto deste ano.

Sucedeu no Magosto

Imagen

12 - 12 - 12 ás 12

Imagen

RecitandoCelsoemiliO

Imagen
Estaremos o mércores día 12 de decembro, ás 12.00 horas, na pista polideportiva, recitando "Deitado fronte ao mar"; participando así na iniciativa organizada dende (CGENDL). É unha homenaxe ao poeta Celso Emilio Ferreiro (1912- 1979)no centenario do seu nacemento. Traemos aquí o vídeo realizado no IES "As Barxas" para a presentación desta actividade. Os nosos parabens para os profesores e o alumnado por este estupendo traballo.

Boa viaxe!

Imagen
Xa están nas casas tres das 7 mochilas que percorrerán as casas dos nenos e nenas de Abelendo. En marcha!  Entregámolas na biblioteca despois dunha fantástica explicación adicada, sobre todo aos nenos e nenas de 1º curso que a leva n este ano por primeira vez. Caderno lector 2011-12

As bases da banda

Imagen
Para celebrar o mes das  Bibliotecas Escolares chegou a Abelendo dende a Consellería de Cultura a exposición "As bases da banda". Esta é unha das razóns que nos levou a traer ás nosa biblioteca dita exposición que estará con nós ata comezos de decembro.  A segunda foi que o proxecto documental que desenvolveremos este curso no colexio vai sobre a banda deseñada. Pretendemos que  sexa o pulo motivador para as distintas investigacións que se levarán a cabo dende todos os ciclos educativos.   Esta exposición realizada pola Asociación Cultural BD Banda e difundida pola Consellería de Cultura, consta de dez paneis que xa colocamos na biblioteca.  Será completada cunha selección de bedés pertencentes aos fondos da biblioteca  e outros de nova adquisición. Con esta interesante mostra sobre esta forma de comunicación que é considerada a novena arte estaremos en disposición de coñecer os seus elementos técnicos e narrativos dun xeito diferente; así como a comprensión e a

Cantar e bailar para ser máis feliz

Imagen

Bibliotecas Escolares, acelerador de innovación

Imagen
Con este lema preséntase o cartel que neste curso 2012/2013, edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar.    Nesta ocasión, a  ilustración correspondeu ao creador galego, Andrés Meixide, que ven a sumarse así, aos ilustradores que teñen colaborado no obxectivo de difundir as posibiblidades da BE. Manuel Mariño/ 2008, Miguelanxo Prado/ 2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011. Nestes últimos anos,unha das tranformacións das BE,  foi a  que se produce no centro cando arredor da actividade que a BE xenera, arredor das súas propostas e dos seus recursos aséntanse dinámicas pedagóxicas máis activas, propostas colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construir coñecemento.

Benvida ao cole!

Imagen
Queridos nenos e nenas: Son o voso amigo Dino . Agardo con impaciencia o noso reencontro na biblioteca para iniciar as actividades neste curso 2012- 2013. Teño moitas ganas de vervos por aquí, escollendo os libros que levaredes para ler nas vosas casas e nas vosas aulas.  Ler é toda unha aventura que nos permitirá aprender e disfrutar moito xuntos.  Contáronme q ue os nenos e nenas de 3 anos e de 1º curso están preparando os seus marcaespazos para a súa visita á biblio.   - Nenos e nenas de 2º curso e do 2º e 3º ciclo ! Lembrade que os préstamos no recreo comezan o luns, día un de outubro. Os equipos de axudantes da biblioteca xa están preparados. As mochilas Viaxeiras , pronto estarán en marcha! Este curso espéranvos moitas sorpresas! A biblioteca encherase de personaxes moi entrañables e coñecidos por todos nós; personaxes chegados de todos os lugares do mundo a través da Banda Deseñada. Antes de despedirme quixera pedirvos un favor, animarvos a que fixerades

Contacontos " A Paralaia"

Imagen
Hoxe, mércores, estiveron con nós os nosos contacontos favoritos. Este agasallo tan esperado puxo o broche final ás actividades realizadas na biblioteca este curso. Alegrounos moito volver ver entre nós, como artistas, a Araceli, Sheila, Tamara , David, Victor e os seus amigos. Grazas, rapaces, pola vosa fantástica actuación. Grazas, rapazas, por facernos vivir momentos cheos de maxia. Grazas, rapaces e rapazas, por encher a nosa biblioteca de contos. Grazas , Estrela e Rosa, por compartir unha experiencia tan enriquecedora.

Biblioteca Viva

Contacontos

Os nenos e nenas de 1º Ciclo son os protagonistas desta sesión semanal de contacontos.
Imagen
Dende o ceip condesa de fenosa do Barco de Valdeorras chéganos este Libro Interactivo para sabermos un pouco máis sobre o poeta e ensaísta Valentín Paz Andrade.

Abril, mes dos contos

Imagen
Neste mes de abril botamos de menos aos nenos e nenas do I.E.S "A Paralaia" que todos os anos, por estas datas se achegaban a Abelendo para engaiolarnos cos seus contos. A súa visita era un clásico. Dende aquí dámoslles as grazas e animámolos a seguir realizando esta actividade tan motivante e enriquecedora. Eles foron a guía para que nós, nos animáramos tamén, a contar historias. Ó longo deste mes, os nenos e nenas dos cursos máis altos serán contacontos para os máis novos. Exercerán de padriños e madriñas lectores. Temos que dicir que calquera día os nenos e nenas do 1º ciclo,coa experiencia que teñen, nos sorprenden contándolles un conto a todo o 3º ciclo.

O servicio de gardacostas de Galica en Abelendo

Imagen
Esta semana realizamos na nosa biblioteca unha actividade de coñecemento a cerca do salvamento e protección que leva a cabo o servicio de gardacostas de Galicia. Un rescatador, José Durán, explicounos en que consiste o seu traballo e do seus compañeiros de equipo, no servicio de salvamento. Amosounos diferentes instrumentos e utensilios cos que se conta en terra e no aire para protexer e axudar a poboación: fotografías, unha padiola, cartas náuticas, traxe de rescate, dispositivos de visión nocturna, etc. que resultaron moi motivadores para todos nós. Unha visita de marcado carácter didáctico e humanitario que o alumnado disfrutou.

Á procura dos versos

Imagen
Os nenos e nenas de 3 e 4 anos , organizados en grupos e guiados polos seus padriños e madriñas lectores ,estiveron á procura de versos. Eran versos dunhas adiviñas que estaban agachados no seu patio. Como vedes , atopáronnos axiña A continuación, sempre acompañados polos seus padriños e madriñas, foron levarllos ás súas profes, que agardaban na pista. Montse e Pili colocaronnos nun papel contínuo para poder ler entre todos as adiviñas. Os nenos e nenas de 3 e 4 anos deron,de contado, coa solución.

Día Mundial da Poesía

Imagen
Un tributo á palabra poética . Nós, celebramos este día tan significativo, proclamado pola UNESCO, cun recital de poesía, na biblioteca, no que participaron todos os cursos; dende 3 anos ata 6º curso de E.Primaria. Recitamos poemas de Ana Mª Fernández, de Rosalía de Castro. Recitamos a Bernardino Graña, a Antonio García Teijeiro. Manuel María, Anisia Miranda, Xoan Neira e Celso Emilio Ferreiro tamén estiveron connosco, neste día tan sinalado.

Actividade na biblioteca

Imagen
O pasado oito de marzo,Día da Muller, contamos coa presenza na nosa biblioteca , de Noelia Pérez Estevez, directora deportiva do Clube de Taekwondo Hebe de Moaña. Os momentos que compartiu con todos nós , foron sorprendentes. Noelia coa súa simpatía e sinxeleza soubo espertar o interese e a curiosidade dos nenos e nenas dende o primeiro momento. Cremos que ela tamén se sentiu moi a gusto entre nós. O alumnado, dende 3 anos ata 6º curso, fíxolle un mar de preguntas interesantísimas sobre a súa carreira deportiva, a súa vida persoal, sobre o deporte de Taekwondo,.. Esta visita,organizada polo departamento de Dinamización Lingüística dentro dunha actividade máis ampla titulada " En feminino" que pretende resaltar a importancia do papel da muller na nosa sociedade e, en concreto o papel da muller galega ao longo do tempo. Nun mural , colocado na entrada principal do colexio están recollidas as biografías de mulleres represenativas ao longo dos séculos. A biografía de Noelia Pére

Formación de usuarios na biblioteca

Imagen
Os nenos e nenas de 3 anos asistimos a unha sesión de "Formación de usuarios" na biblioteca do cole este mes de febreiro. Coñecimos a Dino, a mascota da biblioteca. Aprendimos a utilizar o marcaespazos para coller e deixar libros. A profe Elisa contounos algún conto e ensinounos de que estanterías podíamos coller libros. E Markus amosounos como sen saber as letras tamén podemos ler contos.

Avanzamos na expresión escrita

Celebramos o Día da Paz

Imagen
O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Sabías que este día foi declarado por primeira vez en 1964 pola iniciativa do profesor LLorenç Vidal. Este educador e pacifista mallorquí quería, dende a educación, fomentar a tolerancia, a paz, o diálogo e buscar o entendemento entre razas, relixións e culturas. Sabías que neste día conmemórase tamén o falecemento do lider espiritual indio Mahatma Gandhi , asasinado por un fanático o 30 de xaneiro de 1948. Este lider pacifísta loitou pola liberdade e independencia da India. A súa loita foi a resistencia pacífica fronte o goberno colonial inglés. En Abelendo celebraremos este día cunha actividade que titulamos "Parábolas en son de Paz". Son pequenas historias adaptadas e ilustradas polos nenos e nenas de cada un dos cursos do cole. Participación e creatividade elevada ao cubo son as características desta serie de contos que expoñeremos no corredor da planta baixa e que unha vez editados , pasarán a formar pa

Contacontos

Mil cousas poden pasar (II)

Imagen
Os personaxes deste libro de Jacobo Fernández Serrano que resultaron máis graciosos foron: O sarxento Rabindranata , que ten os ollos moi saltóns e un bigote moi largo e peludo que na súa cara da un aspecto moi divertido. O can Romero . Foi a unha pocilga e engordou tanto que foi o primeiro en formar parte dun cocido de can. O porco Isaias . O mellor estudante do colexio.Estudou sete carreiras e convertiuse nun porco listísimo. Ulam-Bator , rei dos osos. Era o oso máis grande e forte de todos pero un día venceulle un coello chamado Mamfredo e convertiuse no rei dos osos. (6º curso)

Os Megatoxos e a espada esperalda

Imagen
Este libro de Anxo Fariña conta a historia de catro amigos chamados Lúa, Ruxe, Ninfa e Faísca que teñen poderes grazas a un toxo mutante. Viaxan ao pasado coa misión de atopalo e así poder curarse. No camiño teñen algúns imprevistos como monstros de pedra que os perseguen, gárgolas voadoras e a espada Esmeralda. Nun mosteiro moi sospeitoso visitan unha biblioteca medieval. Atopan outros viaxeiros do tempo cos que deben loitar. (6º Curso)