Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2012

Boa viaxe!

Imagen
Xa están nas casas tres das 7 mochilas que percorrerán as casas dos nenos e nenas de Abelendo. En marcha!  Entregámolas na biblioteca despois dunha fantástica explicación adicada, sobre todo aos nenos e nenas de 1º curso que a leva n este ano por primeira vez. Caderno lector 2011-12

As bases da banda

Imagen
Para celebrar o mes das  Bibliotecas Escolares chegou a Abelendo dende a Consellería de Cultura a exposición "As bases da banda". Esta é unha das razóns que nos levou a traer ás nosa biblioteca dita exposición que estará con nós ata comezos de decembro.  A segunda foi que o proxecto documental que desenvolveremos este curso no colexio vai sobre a banda deseñada. Pretendemos que  sexa o pulo motivador para as distintas investigacións que se levarán a cabo dende todos os ciclos educativos.   Esta exposición realizada pola Asociación Cultural BD Banda e difundida pola Consellería de Cultura, consta de dez paneis que xa colocamos na biblioteca.  Será completada cunha selección de bedés pertencentes aos fondos da biblioteca  e outros de nova adquisición. Con esta interesante mostra sobre esta forma de comunicación que é considerada a novena arte estaremos en disposición de coñecer os seus elementos técnicos e narrativos dun xeito diferente; así como a comprensión e a