Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2013

Boa viaxe!

Imagen
As Mochilas Viaxeiras agardaban con impaciencia na biblioteca  a que os nenos e nenas viñeran buscalas para iniciar a súa andaina. Xa comezou a súa viaxe! Van cheíñas de libros superchulos para compartir en familia. Cando veñan de volta ao cole para volver marchar axiña, descubriremos , grazas á lectura do Caderno Viaxeiro, as súas aventuras polas casas de Abelendo.

Todos a bordo !

Imagen
Benvidos, un ano máis, á nosa biblioteca ! Xa estamos en marcha ! Comenzamos a nosa andaina con ilusión e enerxía ; queremos  compartirlo con todos vós para facer da nosa biblioteca o lugar  máis especial do cole. Este curso o noso proxecto tratará de barcos .  Embarcarémonos nunha travesía que nos levará a :              Atracar  nas  illas dos piratas máis temibles.                            Cruzar os mares en impresionantes trasatlánticos.                        V isitar os barcos dos contos clásicos.                         Coñecer ós navegantes máis famosos .                          Investigar  barcos que teñen  nome e apelido.                        Recoñecer os barcos construidos ao longo da historia……                        Descubrir os tesouros dos barcos afundidos.
Imagen
Este curso que estamos estreando, tivo un singular comezo que o día vintesete de setembro, tomou forma na biblioteca.  Celebramos unha festa que tiña dúas protagonistas moi queridas para todos nós: a profe Ánxeles e a profe Xulia. Despedímolas con moita alegría e emoción. Para elas vai esta canción que Xabier Blanco interpretou, o pasado mes de xuño en Abelendo, en homenaxe a outra gran muller: Rosalía de Castro.