Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2013

Os nosos contacontos favoritos

Imagen
Dende hai varios anos vimos organizando na biblioteca  esta actividade, coa motivación e entusiasmo de todo o alumnado.  Consiste básicamente en que os nenos e nenas, despois de escoller un conto que  preparan  na casa coa axuda dos seus pais, o contan  aos seus compañeiros na biblioteca. Comenzou en E.Infantil e paulatinamente foron incorporándose os distintos ciclos de E.Primaria. Actualmente todos os nenos e nenas do centro son contacontos. Ás veces son os nenos e nenas dun curso os que fan de contacontos para os seus compañeiro, outras,   o alumnado dos cursos superiores son os que contan para os cursos máis novos.  Ás veces, son as diversas celebracións do cole , como este ano foi o Samain, as que nos proporcionan o motivo para preparar unha sesión de “Contacontos”, como a protagonizada o pasado novembro, por 4º e 6º curso que dramatizaron dous contos de medo para E.Infantil. Ás veces, os contos chegan con relatos creados por eles, axudandose para a súa posta

"Postais en familia"

Imagen
  Queridas familias: Invitámosvos a que vos acheguedes ao cole para visitar a exposición "Postais en familia" que xa anda pola oitava edición. A vosa participación fixo posible que o corredor do cole esté cheo de creatividade, esperanza, ledicia, entusiasmo e ilusión.  Grazas pola vosa colaboración.