Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2013

A literatura infantil na RAG

"A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas). Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representad@s por esta muller que entre outros conta co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!" (Publicado por Rede lectura)

O banquete do mundo

Imagen
Para celebrar o Día da Paz fixemos unha actividade chamada "O Banquete do mundo". Imos explicar como foi :  Con anterioridade, os profes asignaronnos, a cada curso, uns países que podían ser desenvolvidos ou subdesenvolvidos . Repartíronnos  tamén, as súas bandeiras que ían ser a nosa identificación para  participar da merenda preparada.   Cando chegou o día 30 de xaneiro baixamos ao ximnasio e atopámonos con cinco mesas cubertas cuns manteis ; tres para os países subdesenvolvidos e dúas para os países desenvolvidos.    Foi toda unha sorpresa cando destaparon as mesas! Nunhas só había auga, que había que beber directamente da botella, galletas e manises; nas outras patatillas, gusanitos, chocolate, oreos, gomis, fanta, kas e  un montón de cousas máis. O s nenos e nenas que estaban no grupo dos países ricos, como eran poucos e tiñan moita comida, estaban moi contentos. O outro grupo, que eran moitos, queixábanse e dicían que era moi inxusto. Para animarn