Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2013

"En feminino"

Imagen
Dentro das actividades organizadas pola Equipa de Dinamización Lingüística do centro para celebrar a semán da muller , recibimos na  biblioteca,a visita  da recoñecida actriz galega Casilda Alfaro.   Falounos do papel da muller no teatro e nos diferentes ámbitos relacionados co mundo artístico.  Fixémoslle moitas preguntas que Casilda contestou moi motivada polo noso entusiasmo e ganas de saber. Queriamos co ñecer a súa traxectoria artística , que nos contase aspectos d o seu traballo como a c aracterización dos personaxes que interpreta...   Como remate, decirvos que pareceunos incr ible que antes , hai moitos anos, non se lles permitise ás mulleres facer teatro por consideralo unha profesión pouco digna .

"Que suba o pano"

Imagen
"Que suba o pano" é o título dunha exposición itinerante sobre teatro que está percorrendo os centros de ensino do Morrazo e que neste mes de marzo está con nós, na biblioteca do cole.   Consta d e textos teatrais para nenos e nenas, de libros didácticos sobre distintas artes escénicas, expresión corporal, títeres, revistas , publicacións , que pertenecen ao F ondo Teatral María Casares" que é unha colección de fondos bibliográficos sobre teatro que habitualmente, está na Biblioteca Central de Cangas.

Interesante historia na biblioteca

Imagen
O outro día estivemos no espazo máis bonito e acolledor da biblioteca; o noso espazo. Descubrimos a Frederik, na estantería dos contos que teñen aos animais como protagonistas. Sorprendémonos con OH!, que estaba cos libros de imaxes. Fíxonos pensar en que non todo é o que parece. E como non, "Os tres porquiños" que estaban cos contos clásicos, déronnos moito de que falar. Tamén vimos, nas estanterías dos contos, un tigre tomando té.  Recordamos como chegou Dino á biblioteca escoitando, moi atentos, a poesía donde se conta a súa historia. Estreamos as mesas novas debuxando aos "Chivos, Chivóns" que estaban na estantería máis alta de todas; a dos contos de animais protagonistas. Estamos desexando que chegue a próxima visita para usar os marcaespazos que fixemos cando tiñamos tres anos coa profe Elena e poder contarvos moitas historias máis.