Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2014

Outubro na biblioteca

Imagen
Na biblioteca en outubro sucédense as actividades, sucédense as aprendizaxes... Os nenos e nenas de 1º Curso na biblioteca. Na súa primeira visita chegaron cos seus marcaespazos de cor vermella.  Xa son Primeiros Lectores!  Utilizáronnos moi ben porque xa o aprenderan cando eran prelectores. Dino axudoulles a lembrar as normas da biblioteca. Pertencen ao clube de amigos e amigas dos libros. Gústalles ler no seu recanto. É o espazo máis significativo da biblioteca. Iniciáronse na dinámica dos préstamos.  Escolleron o libro que ían ler na casa co seu carné da biblioteca.