Entradas

Mostrando entradas de 2015

O recuncho do medo

Imagen
Coincidindo coa celebración de Samaín preparamos na biblioteca unha actividade que realizamos ao longo deste mes de novembro. O noso obxectivo era que os nenos e nenas coñeceran os distintos espazos da biblioteca dunha forma lúdica e divertida. Todo comezou coa colocación dun mural cunha longa tea negra. Titulámolo "O Recuncho do Medo". Alí preparamos unha pequena exposición.   Un día, convocamos, por grupos, aos nenos e nenas na biblioteca para comunicarlles que, despois da festa da noite de Samaín, os libros que estaban no "Recuncho do Medo" non estaban no seu sitio. Desapareceran. Como poideron comprobar, no mural, só estaban as ilustracións dos libros perdidos e .... unha pequena estrofa que podería axudar na busca, se estaban dispostos a recuperalos. En grupos e coas pistas na man, iniciaron a súa tarefa: Atopar  onde se agocharan eses pillabáns! As pistas rimadas axudáronlles moito Pouco a pouco foron aparecendo ... Os nenos e n

Biblioteca escolar, base de exploración

Imagen
Gústavos o mural que presidirá este ano a nosa biblioteca? Para preparalo, neste mes de outubro, contamos con moita axuda  pero imos de necesitar de toda a vosa colaboración para rematalo.  As Mochilas Viaxeiras    Iniciaron a súa viaxe por Abelendo.  Saíron dende a biblioteca e chegaron ás casas onde as recibiron con entusiasmo.  Agardamos curiosos a lectura dos Cadernos Viaxeiros   Este curso viaxarán por Abelendo nove mochilas. "Biblioteca escolar, base de exploración" é o lema elexido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares.

Adiante!

Imagen
Celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA sorprendendo a toda a comunidade educativa cun agasallo moi especial que hoxe queremos compartir dende aquí.  A visualización da nosa biblioteca queremos que sexa unha invitación ao lugar máis especial do cole onde compartimos experiencia lectora e pensamos e traballamos xunto con outros en proxectos diversos.

Benvida ao cole!

Imagen

Obradoiros Talento 3.0

Imagen
  Como xa sabedes este ano no cole de Abelendo levamos adiante uns obradoiros moi interesantes. Dende a biblioteca queremos compartir con vós esta experiencia tan novedosa e enriquecedora.    Estes son os vídeos elaborados polo obradoiro de reporteiros, mostrando o punto de vista d@s propi@s nen@s. Moitas grazas a Uxia, Evi e Luís por estes experimentos tan expectaculares. Felicidades a Fátima e Leti desexamos que sigades moito tempo máis cos vosos traballos.   Moi bo traballo Domi. Vese que os nenos o pasaron en grande.   Loreto é toda unha artista.   Movémonos con moito ritmo neste obradoiro, graciñas Iziar !   Agora so queda coñecer a vosa opinión sobre todas estas experiencias:

Contacontos I.E.S. "A Paralaia"

Imagen
Tivemos de novo na biblioteca aos nosos contacontos favoritos.  Botábamosvos de menos!  Benvidos, un ano máis, a Abelendo! Gústáronnos todos os contos que nos trouxéchedes.   Foi un menú incrible.  Para abrir boca, uns petiscos de "As tres fillas"  Para  xantar, degustamos: "Unha pantasma con asma"  "O coelliño branco"  "A casa dos gatos"  E as sobremesas, deliciosas:   "Dinosario Belisario" e ...   "O gato lambón" Agardámosvos o ano que vén.  Ata pronto!

Apadriñamentos lectores

Imagen

Abril, lecturas mil

Imagen
Neste abril, en Abelendo, degustamos variados e riquísimos "platillos" nos que o ingredente fundamental foi:  A lectura.  Preparamos un mural na entrada do cole no que expresamos o que para cada un de nós significa Ler. Celebramos o Día do Libro ó aire libre, todos xuntos.   Come zamos escoitand o aos nenos e nenas de sexto ; lembraronnos que todos os nenos e nenas temos un gr an tesouro que é :   A imaxinación.   Cantamos unha  canción de Paco Nogueira que comezaba así:   Abre as mans, poderás ver un novo mundo aparecer o momento de voar, só con comezar a ler. Recibimos na nosa biblioteca a Hector Lorenzo. Trouxonos algunhas poesías escritas por Raúl G. Pato e musicadas por el mesmo ; un proxecto poético que pronto verá a luz.         Aprendimos axiña un poema moi pequeniño que segundo nos confesou Hector, resultoulle moi doado compoñer a música;  saiu de súpeto....  Lembrádesvos do título?

Apadriñamentos lectores

Imagen
Isto é un adianto. Só para compartir Padriño ou afillado? Marmurio do corredor Lemos xuntos

Abril, lecturas mil

Imagen

Día 2 de abril, Día Inernacional del Libro Infantil

Imagen
  Moitas culturas, unha historia Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias" Historias internacionais... historias tradicionais É a mesma historia que se nos conta a todos En diferentes voces En diferentes cores Pero permanece inmutábel... Comezo... Argumento... E fin... É a mesma historia que todos sabemos e amamos Todos a escoitamos En diferentes versións de diferentes voces Mais sempre é a mesma Hai un heroe... unha princesa... e un vilán Non importa a súa lingua, nin os seus nomes, Nin as súas caras É sempre o mesmo comezo, Argumento E fin Sempre ese heroe... esa princesa e ese vilán inmutábeis durante séculos Acompañannos Murmúrannos nos nosos soños Arrólannos para durmir As súas voces marcharon hai tempo pero viven nos nosos corazóns para sempre Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación Para que todas as culturas se fundan nunha única historia

Alimentándonos de versos

Imagen
Como dende Abelendo pensamos que a poesía é un alimento moi saboroso e moi recomendable. Como nós comemos intelixentemente, neste mes de marzo, contamos con moita poesía no noso menú.  Comenzamos lembrando a Rosalía e remataremos celebrando o Día da Poesía que como sabedes, é o 21 de marzo.  Quixemos neste mes seguir lembrando a Rosalía e invitamos as mamás, os papás, as avoas... a que se achegaran á biblioteca para lernos poemas da nosa gran poetisa. Grazas pola poesía compartida Grazas pola poesía compartida Contamos cuns presentadores fantásticos; os nenos e nenas de 3º curso que se desenvolveron con moita soltura e seriedade. Enhoraboa! Foi unha grande actividade. Houbo momentos para a emotividade, para o entusiasmo, para o sorriso, para a profesionalidade... E como broche final, moitas fotos diante do mural que este ano, para celebrar o Día de Rosalía, pintamos nunha parede do cole.

Rosalía das Ondas do Mar

Imagen

"Os chefs de Abelendo"

Imagen
En Abelendo, o Entroido sempre é divertido e cheo de cor.  Comezou coas Ordes de Dino. Esta vez foron en verso. Como no noso proxecto, "Todos á mesa" e Bo proveito, traballamos os alimentos, disfrazámonos de cociñeiros e cociñeiras. Que estarán preparando?   Que cociñeiros tan singulares!     Que cociñeiras tan creativas! Este ano non subimos a San Martiño pola chuvia pero si poidemos saír á pista e dar unha volta ao redor do cole.  Degustamos as lambetadas no ximnasio . Estaban riquíííííísimas!