Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

Día de Rosalía

Imagen

Entroido 2016

Imagen
O próximo venres, día 12, celebraremos a festa do Entroido en Abelendo. Este ano, como estamos traballando nun proxecto que como sabedes titulamos "Un planeta na mochila" imos ir de Exploradores e Exploradoras. Convidamos a todas as familias a que nos acompañen levando un disfraz relacionado co tema. Esperamos que teñan aprendido a canción do Entroido 2016 para cantala todos xuntos no cole. Se o tempo o permite subiremos a San Martiño en pasarrrúas; queremos inundar todo Abelendo de ruído e alegría. Agradecemos tamén dende aquí a colaboración das familias que como todos os anos, nos fan chegar lambetadas de entroido coas que damos un toque gastronómico a un día tan especial.

As Ordes de Dino

Imagen

Día da Paz

Celebramos este día tan sinalado con moitas e variadas actividades: Escoitamos á mamá de Markus que nos achegou a outras realidades tan distintas á nosa. Partindo do mural "Camiñante, non hai camiño" colocamos nas paredes do cole pegadas con reflexións sobre a Paz. Recitamos o poema "Cantares" de Antonio Machado, na versión de Joan Manuel Serrat. Bailamos todos xuntos. E para rematar este día tan soleado e festivo, compuxemos distintos murais coa contorna das nosas mans, deixando voar a nosa creatividade. Mirade como transcurriu o día: