Entradas

Mostrando entradas de abril, 2016

Festa dos libros

Imagen
Celebramos o Día do Libro, o pasado venres na biliboteca. Foi un día moi especial. Xuntos, falamos do moito que nos gustan os libros, dos nosos libros favoritos, da importancia da lectura, dos bos contos. como os que nos contaron os nenos e nenas de quinto. Era a mensaxe de Luciana Sandroni no Día Internacional do libro infantil e Xuvenil.  Comezaba así: Era unha vez unha ... princesa? Non. Era unha vez unha biblioteca. E era tamén unha vez Luisa, que foi á biblioteca por primeira vez.  Os nenos e nenas de tres anos faláronnos de Rapuncel, do Libro da selva, dos bleis de auto maxín, do lobo que comeu papas e arroz. Aos nenos e nenas de catro anos gústanlles os libros que teñen moitos debuxos e ás veces teñen cousas que se moven e saen para fóra. Á clase de cinco anos gústanlles moito os contos de animais, os contos de fadas, os de bruxas e tamén os de barcos. A cebra Camila e "La pequeña oruga glotona" son uns dos libros favoritos dos nenos de primeiro c

Compartindo lecturas

Neste mes dos libros, a lectura é a protagonista de todas as actividades que preparamos para este Abril, lecturas mil. 

Apadriñamentos lectores

Abril, mes dos libros

Imagen
Querido Dino:       O día seis de abril, no cole de Abelendo, os nenos e nenas de 5º e 6º fomos  visitar aos nosos afillados e afilladas lectores. Agasallámolos cun debuxo ou unha manualidade feita por nós É unha actividade programada dende a biblioteca para celebrar o Día Internaciónal do Libro Infantil.  Cada padriño ten un ou dous afillados aos que, días despois, lles leremos un conto.     Como xa os coñecemos e sabemos os seus gustos lectores, é máis doado acertar co libro seleccionado para a lectura.   A min tocoume Darío, de catro anos. Dibuxeille a Rayo McQueen" e a "Chese", da patrulla canina. Tiña vantaxe porque o seu irmán vai na miña clase e díxome o que lle gustaba.  O debuxo encantoulle e el fíxome a min un "Rayo McQueen" bonito e abstracto.      Despois, xogamos as construccións no recanto dos xogos. Paseino xenial pero quedoume pena porque Darío será o  último afillado que vou ter; no instituno non hai estas cousas.

Sempre Rosalía

Imagen
Para darlle a benvida a este mes de abril, queremos comportir estes video-poemas adicados a Rosalía, realizados dende o departamento de Normalización Lingüística .