Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2016

SAMAÍN

Imagen
Como cada ano celebramos o Samaín. Atopamos a nosa biblioteca e todo o cole DECORADO de forma monstrosa. Dino ata nos colocou un expositor onde podedes atopar LIBROS DE MEDO. Tamén atopamos o BOTE DO MEDO para que contedes todas as emocións terroríficas que vos produce esta celebración. Esperamos que o sigades enchendo. Non podían faltar as MERENDAS TERRORÍFICAS que degustamos con moito entusiasmo.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Imagen
Hoxe puxéronse en marcha as mochilas viaxeiras cheas de libros de poesía, relatos, consulta, música, revistas e artigos educativos. Con ela poderedes gozar unha semana nas vosas casas elixindo as  lecturas que máis vos interesen. Esperamos que vos emocionen con xeito e poidades vivir uns bos momento en familia.  

ENCARGADOS DA BIBLIOTECA VIVA

Imagen
Os nosos fantásticos voluntarios/as encargados da biblioteca durante o recreo están traballando arreo para unha boa marcha da biblioteca. Para eles a todo o alumnado este espazo e moi especial xa que nel nos emocionamos e vivimos infinidade de aventuras, compartimos experiencias, investigamos e nos divertimos. Este curso Dino quixo agasallalos cuns carnés de encargados da biblioteca moi simpáticos.

CARTA DE DINO: "EMOCIÓNATE CON XEITO"

Imagen

XA ESTAMOS EN MARCHA!!!

Imagen
Benvidos a todos e todas:  Estaba desexando que comezara o curso para continuar a nosa andaina xuntos, con ilusión e ganas de pasar tempo entre os libros e emocionarme con novas e divertidas a lecturas. Estou seguro de que viviremos moitas aventuras !!!