LENDAS E HISTORIAS SOBRE O MAR
Para continuar co noso proxecto dos mares e océanos, durante todo o segundo trimestre os nenos e nenas do colexio estiveron investigando sobre lendas, historias e seres mitolóxicos do mar. A CLASE DE 4 ANOS adentrouse no mundo da Atlántida grazas a obra de Xulio Verne: 20.000 leguas de viaxe submarino. A CLASE DE 5 ANOS fixo un pequeno teatro de títeres sobre 20.000 leguas de viaxe submarino. Tamén xogaron a atopar, a través de pistas, o tesouro que deixou o Capitán Nemo en Rande. A CLASE DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA fixo un impresionante traballo de investigación sobre os naufraxios na Ría de Vigo, facendo entrevistas aos seus avós e avoas. Tamén localizou no mapa da Ría de Vigo estes naufraxios. Merece a pena ver os vídeos! Os nenos e nenas de 2º/3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA elaboraron uns contos dixitais sobre animais mariños inventados. Con audios incluidos para que poidades escoitalos coas súas propias voces! A QUENLLA COITELO UNHA ESPONXA ANIMAIS MARIÑOS A SEREA LADY E O
Comentarios