Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

EXPOSICIÓN DE NOVIDADES

Imagen
Ola superheroes gardiáns da Terra. Xa vexo que estades traballando moito sobre o medio ambiente, a reciclaxe e o coidado da natureza. Animádevos a visitar a biblioteca onde podedes investigar sobre moitas cousas que vos interese, vivir aventuras con centos de libros e botádelle unha ollada aos novos libros que están nas exposicións de novidades. 

ENTROIDO 2018

Imagen
O vindeiro venres, día 16, celebramos o ENTROIDO en Abelendo. Este ano, como estamos traballando nun proxecto que como sabedes titulamos "SUPERDINO E OS GARDIÁNS DA TERRA" imos ir de superheroes da reciclaxe . Convidamos a todas as familias a que nos acompañen levando o seu disfraz de superheroe. Se o tempo o permite subiremos a San Martiño en pasarrrúas; queremos cubrir Abelendo de ruído e alegría. Agradecemos tamén dende aquí a colaboración das familias que como todos os anos, nos fan chegar lambetadas de entroido coas que damos un toque gastronómico a un día tan especial. Para ir quentando motores Dino comeza coas súas ordes: