Para continuar co noso proxecto dos mares e océanos, durante todo o segundo trimestre os nenos e nenas do colexio estiveron investigando sobre lendas, historias e seres mitolóxicos do mar. A CLASE DE 4 ANOS adentrouse no mundo da Atlántida grazas a obra de Xulio Verne: 20.000 leguas de viaxe submarino. A CLASE DE 5 ANOS fixo un pequeno teatro de títeres sobre 20.000 leguas de viaxe submarino. Tamén xogaron a atopar, a través de pistas, o tesouro que deixou o Capitán Nemo en Rande. A CLASE DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA fixo un impresionante traballo de investigación sobre os naufraxios na Ría de Vigo, facendo entrevistas aos seus avós e avoas. Tamén localizou no mapa da Ría de Vigo estes naufraxios. Merece a pena ver os vídeos! Os nenos e nenas de 2º/3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA elaboraron uns contos dixitais sobre animais mariños inventados. Con audios incluidos para que poidades escoitalos coas súas propias voces! A QUENLLA COITELO UNHA ESPONXA ANIMAIS MARIÑOS A SEREA LADY E O
Ao longo deste último e cortiño trimestre cada aula realizou diferentes experimentos con auga , para rematar así o noso proxecto deste ano "EnMarañados". 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL Traballaron sobre a presión da auga con este experimento, onde probaron a poñer un vaso boca abaixo con auga tapado cun papel. Coa presión atmosférica e o peso da auga non cae nin unha gota! Para traballar sobre a tensión superficial botaron auga e pementa moída nun prato. Despois un pouquiño de xabón no dedo e... a pementa fuxe! Isto ocorre porque as moléculas da auga rómpense polo xabón e a pementa non ten onde sosterse e móvese para os lados. E, por último, tamén fixeron un experimento sobre a refracción . Tratáse de poñer unha moeda debaixo dun vaso con auga. A moeda pode verse se a observas dende encima do vaso, pero se observas de lado, a moeda desaparece porque a luz desvíase ao ter o obstáculo da auga e o cristal polo medio. 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL En 6º de educación infantil tinguimos car
Para conmemorar o Día das Letras Galegas , a mestra Vito deleitounos un contacontos para o alumnado de educación infantil e 1º de primaria, da súa primeira obra publicada As formiguiñas filandeiras . Moitas grazas por compartir o teu conto connosco e formar parte deste día tan importante!
Comentarios